A Selección galega conseguiría esta fin de semana no Campionato de España por Federacións Autonómicas Sub18 celebrado en Ciudad Real un fantástico 5º posto nun encontro gañado polo combinado catalán.
O torneo, que sería rescatado este ano logo de que deixara de celebrarse fai xa algunhas tempadas, “supón un elemento moi importante de motivación para os nosos atletas e unha boa oportunidade para medirse e tomar contacto co resto de deportistas doutras comunidades” apuntaría a Directora Técnica da FGA Madó González quen viaxaría ó fronte da expedición.
En canto a resultados, o combinado galego que amosaría unha boa actuación en conxunto, tería Sara López a única gañadora na proba dos 3.000 m. cun rexistro de 10:29.56. Ademáis deste triunfo da lucense, compre salientar o magnífico récord galego Sub18 acadado por Nerea Iglesias na proba dos 200 m. con 24.96.
Yago Araujo en martelo con 61.32 m. Víctor Mosteiro nos 100 m. con 10.98, Iria Rivas nos 5.000 marcha con 25:20.92 e Raúl Cortizo en altura con 1.92 tamén serían atletas que ocuparían postos de podio nas súas respectivas probas.