Resultados

Debut e medalla internacional para Andrea González

Excelentes resultados os acadados polos atletas galegos nos distintos campionatos nacionais e internacionais desenvoltos nesta fin de semana.

Para comezar Andrea González lograría unha extraordinaría medalla de prata no seu debut coa selección nacional durante a disputa do Encontro Internacional de Lanzamentos Sub23 e Sub20 acontecido na localidade portuguesa de Almada entre os combinados de Portugal e España. A xavelinista santiaguesa que conta cunha marca este ano de 45.59 m. (600 gr.), efectuaría un mellor lanzamento de 43.42 m. co cal acadaría a segunda posición do seu concurso.

Pola súa banda no Campionato de España Sub14 que tería a cidade andaluza de San Fernando como sede, Elías Klein do Club Atlética Lucense sería segundo na proba de tríatlon infantil cunha puntuación total de 1.361 puntos. Da mesma maneira Mistre Estévez e Carmen Junatey contribuirían a conseguir sendos triunfos nos seus respectivos equipos mixtos de relevos 6×60 m.

Resultados Copa Ibérica

Resultados Nacional Sub14

Na foto, Andrea González xunto ós seus pais.

Compartir: