A Federación Galega de Atletismo ven de lanzar a campaña “Fedérate con Nós” cuxa finalidade e a de dar a coñecer ó amplo colectivo atlético popular e a toda a sociedade da importancia e das enormes vantaxes que conleva o estar en posesión dunha licenza atlética.
Segundo o Presidente da entidade Isidoro Hornillos “No que vai de tempada xa son máis de 7.200 o número de fichas tramitadas o que supón un número récord de altas na historia do noso deporte” Malia elo Hornillos non se amosa conformista “Tentaremos chegar a todos os colectivos sensibles do noso deporte para explicar dunha maneira moi didáctica as vantaxes de estar federado, xa que precisamente un dos problemas que estamos a detectar é o seu descoñecemento”.
O importante aforro de inscripcións nos campionatos galegos, ó acceso a un calendario con importantes e numerosas probas federadas e a ampla cobertura médica, son só algúns dos aspectos nos que pretende incidir esta campaña.