Reestruturación interna das funcións do equipo da F.G.A.

O presidente da FGA, Isidoro Hornillos, nomeu a Carlos Castro Secretario Xeral da FGA, cargo que ostentaba Dolores Rojas, que asumirá dende hoxe a Dirección da Xerencia. Estos trocos propiciarán unha reestructuración das funcións do persoal federativo.

Carlos Castro, atleta especialista nos 400 metros (47.92), licenciado en Educación Física (Universidade da Coruña) e Diplomado en Maxisterio na mesma especialidade (Universidade Europea de Madrid), deixa o cargo que ocupaba durante os últimos anos na Dirección do Departamento de Carreiras Galegas en Ruta, baixo cuxo periodo produciríase un notable medre do volume de probas federadas.

Dolores Rojas, licenciada en Psicoloxía (Universidade de A Coruña), Máster en Dirección e Xestión de Entidades Deportivas (Universidade de Vigo), posúe unha ampla experiencia na xestión federativa, tendo asumido a presidencia do Comité Galego de Xuíces e a Secretaría Xeral da FGA. Ex atleta, tamén de velocidade, forma parte na actualidade do Panel de Marcha da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). Entre as súas actuacións como xuíz, salienta a participación en diversos Xogos Olímpicos, Mundiais e Campionatos de Europa, sendo unha das máximas responsables da organización do G.P. Internacional Cantones de Marcha Atlética de A Coruña.

O presidente da FGA agradece o esforzo feito por parte de Dolores Rojas e Carlos Castro, nas súas anteriores competencias, desexándolles éxitos nas novas funcións.

Compartir: