A selección española masculina logrou a medalla de prata por equipos na Copa de Europa de Lanzamentos celebrada esta pasada fin de semana na localidade portuguesa de Leiria e na que o galego Frank Casañas acudía como integrante da selección. O atleta quen tomaba parte no concurso de disco, ocuparía o posto décimo noveno cun mellor lanzamento no su último intento de 55.87 m. (x/55.22/x/55.87/54.20/54.17/55.87)
Pola súa banda Belén Toimil tamén acudía a esta importante cita europea do sector tomando parte no concurso de peso. A plusmarquista galega mandaría no seu sexto intento a bola ata os 15.77 m. (15.37/15.50/15.72/x/15.41/15.77). Por seleccións España ocuparía a sexta posición na categoría feminina