Resultados

Cinco medallas para os nosos Sub-16 e Sub-18 en Murcia

De novo o sector do campo a través en Galicia viviría una fantástica xornada no Campionato de España Sub-16 e Sub-18 que se desenvolvería no día de onte na rexión Murciana de San Pedro del Pinar.

Ata alí unha importante selección de atletas galegos acudiría a defender e revalidar o peso que a nosa comunidade ten neste importante sector e na que os resultados volveron ser excelentes.

Comezando pola categoría Sub-16 feminina unha fantástica Carla Guisande proclamaríase subcampioa de España individual cedendo tan só ante a catalana Julia de La Piedra por tan só un segundo de diferenza. Xunto ela entraría Noelia Sánchez de 27ª, Andrea López de 42ª, Isabel Caeiro de 44ª; Inés do Campo de 51ª, Nerea Lage de 58ª, que darían por equipos a Galicia a sexta praza.

Na categoría masculina non menos sensacional sería a actuación de Hugo García quen da mesma maneira colleitaría o título de subcampión nacional nunha carreira moi ben plantexada polo pontevedrés. Por equipos Galicia ocuparía una meritoria cuarta posición e na que os postos do resto de integrantes serían de,  21º para Hugo Suárez, 28º para Antón Martínez, 29º para Pedro Vázquez, 39ª para Iker González e de 52º para Martín Rivera.

Xa na categoría Sub-18 feminina Galicia sería décima nunha proba na que a atleta máis destacada sería Sara López no posto 21º estando acompañana por Paula de la Torre no 23º, Blanca Armenteros no 59º, Lucía López no 64º, María Carballido no 68º e Marta Vilas no 92º.

Como colofón e pechando xa estos campionatos, a saída da proba reservada para os atletas masculinos Sub-18 agardaba o mellor para os nosos representantes. Como ben sendo habitual, un sempre magnífico El Medhi El Nabaoui proclamaríase campión de España nunha proba na que sempre deu mostras de dominio e control e cuxo título individual iría acompañado polo bronce por seleccións grazas o excelente traballo do resto de integrantes: 12º Diego Alonso, 20º Jorge González, 35º Bilal Dahmouni, 55º Aldo Rey e 84º para Ermias Fernández.

Non menos importante sería a participación dos galegos na categoría adaptada masculina na que o noso representante Ramón Pérez remataría nun extraordinario segundo lugar acadando o subcampionato nacional. Nesta mesma distancia boa participación tamén de Francisco Villanueva que entraría na décima posición, non poidendo rematar esta proba por abandono Ignacio Garrido

Esta medalla poría o punto e peche a todo un campionato na que a expedición, logo dun longo camiño de regreso,  chegaría a altas horas da madrugada ós seus domicilios.

Resultados

Compartir: