Resultados

20 clubs galegos acuden ó nacional de campo a través

Esta fin de semana Gijón acollerá a disputa da edición número 53 correspondente ó Campionato de España de Campo a Través por clubs na que tomarán parte un total de 519 equipos participantes de 231 clubs distintos.

A nosa comunidade acude cun total de 111 atletas e 20 clubs que tomarán parte nas distintas probas das que se compón este importante evento da tempada invernal e que son os seguintes:

Sub-16 Mulleres: Atletismo Tui e Franciscanos de Lugo

Sub-16 Homes: E.Atlética Lucense e Ourense Atletismo

Sub-18 Mulleres: Atletismo Tui e Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Sub-18 Homes: C.Atletismo Santiago, C.D. San Paio A Estrada e Coruña Comarca

Sub-20 Mulleres: Comesaña S.C.

Sub-20 Homes: C.Atletismo Santiago e Coruña Comarca

Cros Curto Mulleres: ADAS-Proinor e Verxel Nutrición Deportiva

Cros Curto Homes: ADAS-Proinor , C.Atletismo Santiago, Miler Running Club e Verxel Nutrición Deportiva

Cros Absoluto Homes: C.D.San Paio A Estrada e C.D. San Miguel de Marín

No tocante a actuacións individuais salientar a presenza de El Medhi El Naboaui na categoría Sub-18, auténtico especialista neste medio que estará entre as apostas ó podio. Tariku Novales e Adrián Ben, do Playas de Castellón na Sub-23 e F.C.Barcelona no campo a través curto respectivamente, serán outras das serias apostas das que haberá que estar moi atentos.

A competición será retransmitida en Teledeporte en directo para as probas Sub-23 masculina (09:00), Sub-20 feminino (11:25) e Sub-20 masculino (11:55). A partir das 16:00 horas en diferido as carreiras de campo a través curto e longo, tanto en categoría masculina como feminina. Igualmente a RFEA ofrecerá en streaming a través da súa páxina web www.rfea.es toda a competición desde as 09:00 horas ata a súa conclusión.

Relación de participantes

Compartir: