Presentouse en Ourense o que será un intenso fin de semana

Acábanse de presentar no Salón de Plenos do Concello de Ourense os Campionatos de Galicia de Pista Cuberta que se desenvolverán este fin de semana correspondentes ó  LXI Campionato e Galicia Sub-18 e o LXI Sub-20 así como o  XI Campionato de Galicia Sub-10, Sub-12 e Sub-14 que presenciaremos o sábado e domingo respectivamente no Recinto Feiral Expourense.

Esta importante cita, na que nada menos que cinco serán as categorías que compitan, representa un destacado evento no que se agarda que preto de cinco mil persoas entre público, aficionados, familiares, técnicos, personal de organización e atletas acudan a presenciar e participar no recinto multiusos.

Será o sábado a partir das 11:00 horas cando dé comezo a primeira das importantes xornadas, que non será outra que a dos Sub-18 e Sub-20 e na que a presenza de atletas de renome tan importantes como Santi Represas nos 60 m., Andrea Pais nos 400 m., Lucía Sicre nos 800 m., Eva Queimaño en Altura e 60 v. ou mesmo Olaia Gisela Becerril en lonxitude entre outros, dará emoción e importancia a esta primeira cita.

Xa na xornada do domingo poderemos presenciar ó segundo dos eventos, un dos máis vistosos e multitudinarios de todos cantos se desenvolven no calendario autonómico de pista cuberta e equiparable, por número, o da final ABANCA que nestas mesmas instalacións se levaría a cabo o pasado mes decembro. Polas pistas pasará un volume importante de atletas quenes tomarán parte no Sub-10, Sub-12 e Sub-14 que dará comezo as 10:30 horas e que en dobre xornada irán participando nas distintas probas programadas no que supón a gran festa do atletismo base baixo teito destas características.

Noutro orde de cousas, esta fin de semana será aproveitado como ensaio xeral de cara a celebración do XLV Campionato de España Sub-20 que o 3 e 4 de marzo xuntará ós máis importantes atletas nacionais do momento. Precisamente moitos dos galegos que tomen parte nel, estarán este sábado competindo.

Xa a nivel de previsións, estímase que ó longo destas catro xornadas se establezan bos rexistros de modo xeral, agardándose a consecución de varios récords galegos sobre todo no domingo.

Guía Campionatos Ourense – 24 e 25 de febreiro de 2018

Compartir: