O ADAS-Proinor saca músculo en A Rúa

Intensa e formidable xornada a vivida hoxe no Concello de A Rúa con motivo da disputa dos Campionatos de Galicia de campo a través que baixo un día sensacioal, se viron desenvolvendo no circuíto de O Aguillón ó longo de toda a mañán.

Comezaría esta interesante xornada ca disputa das tres probas cas que abriría o XXII Memorial Alejandro Lorenzo baixo unha importante e numerosísima participación. Nelas o máis salientable serían as victorias de Sabela Castelo do Vila de Cangas e Juan Loureiro do Clube Atlética A Silva na Sub-10 así como de Iria Ares do Maderas Barcía Lourenza e a de Alex Sierpes do Trega na Sub-12. Por último, títulos autonómicos tamén para Xela Martínez da E.A. Lucense e de Sergio Prieto do C.A. Estrada na Sub-14. Por equipos o Vila de Cangas, Atletismo Noia e Club Atletismo Sada proclamaríanse campións das categorías femininas así como o ADAS-Proinor, Atlética Lucense e Ría Ferrol-CCA das masculinas.

Unha vez rematado este primeiro campionato e baixo un día espectacular de sol e de boas temperaturas, seguíronse desenvolvendo as demáis carreiras programadas nunha actividade frenética e incesante que darían paso as saídas correspondentes ó Campionato de Galicia Sub-16 e Sub-18. Nestas categorías non habería sorpresas xa que os principais favoritos cumplirían o seu papel cun Medhi El Mabaoui do C.D. San Paio A Estrada que non deu opcións ós seus riváis impoñéndose na Sub-18 e contribuíndo a que o seu club se proclamara campión por equipos. Na mesma categoría feminina Sara López da E.A. Lucense, tamén faría bos os pronósticos malia que neste caso sería a Gimnástica de Pontevedra quen levara o triunfo na modalidade de equipos.

Na categoría Sub-16 dominio lucense por conxuntos que se materializaría con esas primeiras posicións tanto do Franciscanos de Lugo nas mulleres como da Atlética Lucense nos homes. As victorias individuáis recaerían en Elsa Pena do Atletismo Tui e Hugo García da Gimnástica de Pontevedra.

Cando o reloxo marcaba as 13:30 horas dun día claro e intenso que deixaba contemplar una contorna expectacular co Río Sil de fondo, dábase a saída ó Campionato de Galicia de Campo a Través Curto feminino por equipos no que Leticia Fernández conduciría de novo ó seu clube o ADAS-Proinor a acadar a victoria. Xunto ela sumarían para a o “equipo de Tinín” Sandra Mosquera, Joana Fillipa Pereira, e Paula Santos. Completaron pódium os conxuntos do Comesaña S.C. e Gimnástica de Pontevedra

Nos homes, e continuando cos equipos, saltaría a sorpresa cun novo triunfo do ADAS-Proinor quen conseguría deste xeito un doblete histórico. Os de O Barco imporíanse por 6 puntos ós segundos clasificados, Club Atletismo Santiago, sendo o Miller Running Club o terceiro nese caixón de premiacións.  A proba, que sería gañada polo lucense Manuel Hurtado da Gimnástica, tería en Alejo Ares, Carlos Villamor,  Akka Essaadaoui e Marcos Casado os mellores do equipo gañador.

Resultados

Compartir: