Logo de varios fins de semana moi intensos nos que a pista cuberta sería o principal punto de atención do atletismo galego, serán agora as distintas citas de campo a través quenes acaparen os focos de interese.
Para comezar xa mesmo esta fin de semana, contaremos con importantes citas como son as Fases competitivas do programa XOGADE da Xunta de Galicia. O sábado día 20 poderemos presenciar a Fase Intercomarcal na Coruña, o Sector Comarcal na de Ourense, ou mesmo o Sector Zonal en Santiago. Da mesma maneira o domingo día 21, a Mariña Lucense acollerá o seu II Cros Comarcal da Mariña Lucense que pechará esta fin de semana.
Máis será ó XIII Campionato de Galicia Sub-16 e Sub-18 individual e por Clubs, o XXII Memorial Alejandro Lorenzo e o XI Campionato de Galicia de Cros Curto que se desenvolverán o vindeiro día 28 de xaneiro en A Rúa, a principal proba de cros que acolla este primero mes do ano. Lembramos que precisamente neste evento faríanse xestións para acadar a carón do circuíto un servizo de xantar (10€ menú) e na que todos aqueles interesados poderán facer reserva chamando ó teléfono 670 212 957 antes do día 25 de xaneiro.