O pasado día 04 de febreiro do 2017 a pista cuberta de Riazor acollía o último Campionato de Galicia Absoluto Indoor logo de preto de corenta anos de actividade atlética ininterrompida. Malia que se seguirá contando ca instalación a nivel de probas oficias cando as circunstancias así o determinen, o caso é que xa se atopa todo disposto para que a cita máis importante do Atletismo Galego a nivel indoor se poda desenvolver a partir de mañán sábado dende as 11:00 horas na Pista Cuberta de Ourense.
A nivel xeral existe moita expectación en comprobar en situ as características desta pista, proba delo é o número de inscritos que acudirá a esta cita e na que poderemos presenciar entre outras, as evolucións do saltador olímpico Jean Marie Okutu quen estará presente no campionato tomando parte nas probas de lonxitude e dos 60 m. Será precisamente nesta última proba na que presumiblemente asistamos a un dos encontros estrelas xa que Javi Cancelas en excelente estado de forma, tentará rebaixar esos 6.85 acadados no mesmo recinto fai apenas uns días. A nosa mundialista en Londres Belén Toimil debuta na tempada neste autonómico, o mesmo que a plusmarquista galega Leticia Gil no concurso de lonxitude. Os 60 m. contarán ca calidade da internacional venezolana Nediam Vargas que o ano pasado dinamizaría a velocidade galega con 11.38 nos 100 m. e 23.07 nos 200 m. Leticia Fernández quen dobrará en 800 e 1.500 m. e Esther Navarrete nos 3000 m. intentarán ratificar o seu excelente estado de forma. Especial interese de igual modo por comprobar as evolucións de dúas das nosas figuras máis emerxentes como son Raquel Meaños quen tomará parte nos 800 m. e Paula Garnero quen fará o propio tanto nos 200 m. e 400 m.
O concurso de triple, presencia de Alfonso Palomanes quen acude motivado e con gañas de saltar sobre os dazaséis metros. Adrián Ben será outro dos grandes valores do campionato. O bronce no europeo junior do ano pasado, acude a esta cita na estrea do que será a súa tempada tomando parte nos 1.500 m.