No día de hoxe o Concello de Ourense sería o esciario escollido para a presentación do Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta a cuxo acto acudirían a Directora Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia Marta Míguez, o Alcalde do Concello de Ourense Xesús Vázquez e o Presidente da FGA Isidoro Hornillos entre outras autoridades.
Esta cita supón o evento de maior relieve a nivel autonómico da modalidade indoor, contando con algúns dos máis importantes atletas do noso deporte a nivel nacional. Segundo Isidoro Hornillos, Presidente da FGA ” e unha ocasión inmellorable para poder gozar das grandes figuras do noso deporte”, da mesma maneira a Directora Técnica do ente federativo Madó González apuntaba que ” Imos presenciar unha gran cantidade de mellores marcas persoáis” facendo unha aposta persoal e chegando a vaticinar que “…estou convencida que máis dun récord galego será batido”
Lembramos que a compitición dará comezo este sábado dia 13 as 11:00 horas