Coincidindo ca estrea da Pista Cuberta Expourense, disputaríase esta pasada fin de semana a Fase Final da VI Liga ABANCA para os clubs clasificados da previa desenvolta o pasado día 18 de novembro nas sedes de O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Como ven sendo habitual nesta competición, a tónica dominante caracterizaríase pola numerosísima participación, na que as emocións, o espectáculo e a deportividade viviríanse de maneira moi intensa tanto dentro como fora da pista.
A nivel de resultados os equipos ourensáns serían os dominadores claros desta edición na que estarían en todos os podiums e nos que ademáis, o Ourense Atletismo acadaría os triunfos nas categorías femeninas de alevín e infantil, sendo a victoria na benxamín masculina para o ADAS-Proinor. O resto de títulos estarían repartidos entre a Gimnástica e Millaraio, gañadores masculinos na alevín e infantil respectivamente así como o Vila de Cangas que faría o propio na benxamín feminina.
Podium equipos Fase Final VI Liga ABANCA
Benxamín Homes: 1º ADAS-Proinor. 2º Fontes do SAR. 3º Ourense Atletismo.
Benxamín Mulleres: 1ª A.Vila de Cangas. 2ª Atletismo Narón. 3ª ADAS-Proinor.
Alevín Homes: 1º S.Gimnástica de Pontevedra. 2º Ourense Atletismo. 3º ADAS-Proinor
Alevín Feminino: 1ª Ourense Atletismo. 2ª Marineda Atlético. 3ª A. Vila de Cangas
Infantil Homes: 1º Millaraio. 2º Ourense Atletismo. 3º ADAS-Proinor.
Infantil Mulleres: 1ª Ourense Atletismo. 2ª ADAS-Proinor. 3ª A.Vila de Cangas.
Noutro orden de cousas, celebraríase conxuntamente con esta Fase Final ABANCA, o Trofeo Inaugural de Pista Cuberta que xuntaría a un importante e destacado número de atletas que quixeron estar presentes nesta xornada histórica do noso deporte.
Víronse moitas gañas de competir nesta nova instalación, na que ademáis delo, contaríase con destacas marcas, debuts e reaparicións. A nivel de resultados, o máis salientable foron os triunfos de Javi Cancelas e Nerea Iglesias nos 60 m.l. con 6.92 e 7.88. Da mesma maneira Pedro Juncal con 49.55 e Paula Iglesias con 56.93 imporíanse nos 400 m.l. proba esta, que vería o debut do internacional Mauro Triana quen acabaría 2º con 50.00. Nos 800 m.l. Raquel Meaños con 2:19.05 entraría en meta por diante de Lucía Sicre con 2:22.00. Nos 1.500 m. e nos 3.000 m. bos rexistros de Gonzalo Basconcelo con 3:50.02 e de Leticia Fernández 9:35.07 gañadores deste Torneo por puntuación IAAF. Para rematar no concurso de lonxitude, Alfonso Palomanes chegaría ata os 7,00 metros no seu segundo salto.