Ramón Touza, homenaxeado

No día de onte o presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ramón Touza sería homenaxeado pola súa contribución ó deporte na Armada Española. O acto tería lugar no Cuartel Xeral do citado corpo militar ubicado na capital do Estado

Ramón Touza tería o longo de todos os seus anos, unha vida vencellada ó atletismo e ó club pontevedrés xa que dende a súa infancia, e con apenas 12 anos, competiría baixo ás súas cores. Na actualidade simultanea o seu traballo de militar (é Capitán de Navío) co de Presidente da Gimnástica, cargo que ocupa dende fai máis de vinte anos e baixo cuxo mandato a entidade do Lérez experimentaría un importante medre.

Na foto aparece co Almirante Xefe de Personal Francisco Jose Cortés.

Compartir: