Últimos preparativos para a gran inauguración

O vindeiro día 16, celébrase na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense o Trofeo Inaugural.  Esta competición coorganizada polo Concello de Ourense e a Federación Galega de Atletismo co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte consta de dúas partes: por unha banda a Fase Final da Liga Abanca de Atletismo e por outra as probas abertas ós mellores atletas da nosa comunidade e norte de Portugal.

A Fase Final da Liga Abanca reunirá a nenas e nenos pertencentes a clubs de toda Galicia, entre as idades dos 6 ós 12 anos.

O planning para o vindeiro sábado é moi apretado, comezando a competición as 10:30 da maña cos máis novos, os benxamíns e alevíns, (nenas e nenos de 6-7 e 8-9 anos, respectivamente). Os participantes nesta xornada serán en torno ós 350. As doce da mañá, se interromperá un intre a competición para levar a cabo o acto inaugural da instalación a cabo dos máximos mandatarios da Administración autonómica, ó supoñer ésta a maior inversión autonómica nunha instalación deportiva dos últimos anos, respostando a unha vella demanda do deporte galego.

Posteriormente, continuarase coa competición, estimando rematar a sesión matinal coa cerimonia de premiación ós mellores equipos de cada unha das categorías participantes benxamín e alevín sobre as 14:15.

Xa pola tarde, comezamos as 17:00 coa competición da Liga Abanca para as categorías infantiles e de xeito paralelo están programadas probas para as categorías de cadete en diante. As estimacións de participantes para os equipos de categoría infantil son de 350 nenos e para as probas senior serán de 200 atletas. Deste xeito dáraselle uso a totalidade do equipamento, xa que haberá probas que se disputarán no anel da pista, probas de velocidade ou valados na recta interior e concursos como lanzamento de peso, pértega ou saltos de altura e lonxitude.

Para os tres primeiros clasificados nas probas fora da Liga Abanca haberá unha camiseta conmemorativa e para as mellores  marcas feminina e masculina por puntuación IAAF haberá un trofeo conmemorativo e un vale en material deportivo.

Estímase que ese día de competición desprace a este nova instalación en torno ós 800 participantes e polo menos, outros tantos espectadores, o que convertirá este evento nun verdadeiro día de festa para o atletismo galego e o deporte da nosa comunidade.

Compartir: