A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar o Regulamento de Licenzas para a tempada 2017/2018, que complementa ó Regulamento da RFEA.
O plazo límite para a renovación de licenzas nacionais remata o 31 de outubro. A partires desta data, as licenzas nacionais teñen recargo.
O pago do custe total da licenza se fará no seguinte enlace: http://licenzas.carreirasgalegas.com/
Para renovacións de xuíces con pagos pendentes desta tempada consultar có teu delegado de xuíces antes de realizar a renovación pola plataforma.
Custes das licenzas:
- Xuíz Honorario: 16,05 Euros seguro = 16,05 €
- Xuíz Autonómico: 17 Euros licenza autonómica + 16,05 Euros seguro = 33,05 €
- Xuíz RFEA Nivel 1: 50 Euros licenza nacional + 17 Euros licenza autonómica + 16,05 Euros seguro = 83,05 €
- Xuíz Nacional, Árbitro, Árbitro Nacional: 66 Euros licenza nacional + 17 Euros licenza autonómica + 16,05 Euros seguro = 99,05 €
- Recargo por tramitación de Licenza Nacional fora de plazo: 33 €
Os atletas con licenza en vigor que tamén renoven a licenza de xuíz están exentos do pago do seguro, porque xa foi abonado na licenza de atleta.