Resultados

A Federación Galega agarda en breve poder programar os seus Campionatos en Expourense

Recentemente a Xunta de Galicia daba por rematada oficialmente a construcción da pista cuberta de Expourense o pasado dia 31 de agosto. Por tal motivo a presentación oficial do proxecto será  para principios do mes de Novembro malia que non será ata mediados de decembro cando a nova instalación poida ser desplagada (logo da celebración das últimas feiras do recinto) co gallo de acadar a homologación que a fagan apta para o desenvolvemento de probas oficiáis.

A pista que será hidráulica con seis rúas de 200 m.  e oito na zona central, contará con zona de quencemento e concursos, converténdose nunha das máis modernas a nivel internacional. A Xunta de Galicia que nun importante esforzo,  invertiría neste instalación preto de tres millóns de euros, dota asi ó atletismo galego dunha reivindicación e necesidade histórica que soporá un medre tanto cuantitativo como caulitativo do deporte no noso pais.

Malia os avances e o remate da obra,  a Federación Galega ainda non conta cas datas de dispoñibilidade da pista cas cales poder programar os distintos Campionatos  Autonómicos, agardando que en breve se poidan xa planificar.

Ligazón