A trixésima primeira edición do Campionato de Galicia de Cross de veteranos terá o seu esciario o vindeiro domingo dia 15 de xaneiro na área recreativa do Aguillón, ubicada no Concello de A Rúa e contando para elo ca organización da Delegación da F.G.A. en O Barco e a do Club ADAS-Proinor
Nesta cita autonómica atópanse incritos un total de 230 participantes entre tódalas categorías e idades e que ben representando, o igual que acontecera no campionato de pista cuberta, un número récord de inscritos. Entre os que tomarán parte salientamos a presenza entre outros de Rocío Alvite, Victor Rioboo, Daniel de la Torre, Soledad Castro ou mesmo Antonio Cabana e a Manuel García os cales tomarán parte na categoría M-75.
As probas darán comezo as 12.00 horas ca saida da primeira carreira (M-60 homes) para rematar en torno as 14.15 horas do serán ca entrega de trofeos.