Resultados

XXI. Marta Míguez, continuadora e precursora das grandes lanzadoras galegas

Continuando co noso especial sobre os Atletas olímpicos galegos neste ano do centenario, damos paso a figura dunha gran xavalinista dos anos noventa e principio dos 2000

Marta Miguez Telle (Ourense, 1973), é a continuadora do camiño emprendido por Angeles Barreiro e a precursora das novas xeracións encabezadas por Belén Toimil e Lidia Parada.

Da man da súa irmán comezaría a practicar a modalidade de xavalina na que destacaría moi cedo. No ano 1991 acadaría a medalla de prata no Campionato de España junior que pasaría a ser de ouro un ano máis tarde.

Ese mesmo 1991 marcaría un punto de inflexión na súa carreira deportiva xa que instalada por estudios (INEF) na Coruña, pasaría a adestrar con Raimundo Fernández na Escola Galega de Lanzadores. A partir dese instante continuaría ca súa importante progresión. Logo de domiñar e encabezar a categoría promesa, acadaría o seu primeiro título nacional absoluto no ano 1998, repetíndose inenterrumpidamente ata o 2002. Sen lugar a dúbidas o campionato de España do ano 2000 marcaría un momento importante na vida da Marta xa que nunha emocionantísima final con Mercedes Chilla, establecería un rexistro de 59.02 m. que representaba un novo récord de España e a mínima para tomar parte nos XX.OO de Sidney a onde acudiría catro semanas despóis.

O dia 29 de Setembro saltaría ó estadio Olímpico Anz de Sidney tomando parte no seu concurso (55,52-55.01-X) e acadando a vixésimo quinta posición. Logo da súa participacion olímpica continuaría domiñando a proba a nivel nacional ampliando os seus títulos de Campiona de España e millorando o récord nacional ata situalo en 59.43 m. no ano 2001. Nese mesma tempada ademáis sería bronce nos Xogos do Mediterráneo (Túnez) con 55.19 a que se lle sumaría un ano despóis a medalla de bronce dos Iberoamericanos en Guatemala con 58.06 m.

O longo dos seus anos de actividade atlética militaría nos clubes de Athlos, Deportivo Ourense, ADAS, Valencia Terra i Mar e Pabellon Súbita acadando a internacionalidade en 13 ocasións.

A nivel persoal casaría co tamén xavalinista olímpico Julián Sotelo, que ademáis sería o seu adestrador a partir do ano 2000. Nai de tres fillos traballa como coordinadora do Consello Municipal de Deportes de Ourense

Xogos Proba Marca Posto
Sidney-00 Xavalina
55.52 25Q (15B)

Marta Míguez. “Vida Atlética de Galicia” por Emilio Navaza

Compartir: