Resultados

XV. Carlos de la Torre, cando a constancia e tenacidade marcan o dia a dia

Carlos de la Torre Allaríz (Marín,1966) forma parte desa xeración de atletas importantes e irrepetibles de fondo e cross que durante os últimos anos do pasado século domiñaría o calendario nacional e internacional desas especialidades.

Sería o seu gran gusto polo atletismo quen lle levaría a contactar con Carlos Landín o cal supo ver de contado as cualidades do futuro bi-olímpico. Sería precisamente este adestrador quen faría que en tan só tres anos e medio, pasara de ser un iniciado entusiasta a proclamarse campión de España nos 10.000 no ano 1990.

Os duros adestramentos no Lago de Castiñeiras e a súa constancia e tenacidade acabarían de formar a este atleta que no ano 1992 lograría a primeira das súas participacións nuns Xogos Olímpicos. Sería en Barcelona o dia 31 de xullo de 1992 na que saltaría a pista para tomar parte na súa serie xunto aos grandes especialistas do momento (Chelimo, Adis Abebe, Antibo…). Acabaría na décimo quinta posición con 28.55.47

En xuño do ano 1996 en Barakaldo, establecería o seu millor rexistro persoal na proba con 27.49.17 o que lle permitiría de novo acudir a unha nova cita olímpica nos Xogos de Atlanta. Na cidade estadounidense, completaría una notabilísima partcipación ao acadar o pase a final na que tomaría parte o 29 de Xullo marcando un rexistro de 28.32.11 e que o levarían ata a décimo cuarta posición.

Militaría nos Clubes do San Miguel de Oia e New Balance, salientando entre o seu palmarés internacional individual o 4º posto no Mundial de Media Marathón no ano 1996, e a medalla de prata nos 10.000 m. no Iberoamericano de Brasil en 1990.

Xogos Proba Marca Posto
Barcelona-92 10.000 m..
28.55.47 15ª e 1ª
Atlanta-96 10.000 m.
28.04.14 8º e 1ª
Atlanta-96 10.000 m.
28.32.11 14º

Curriculum FGA