Resultados

Gala Atletismo Galego 2015

Na tarde de onte celebrouse na Cidade da Cultura da capital de Galicia a gala anual do atletismo galego. O acto estaba convidada toda familia atlética galega para asistir a entrega dos galardóns a os atletas, adestradores, clubes,xuices, entidades máis destacados da tempada 2014/15.

Terio Carrera, mestre de ceremonias,foi dando paso as distintas autoridades para entrega dos galardons, entre os que tomaron a palabra, Laura Mosquera, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo, resaltaron o esforzo, traballo e sacrificio dos atletas, adestradores, clubes, xuices, entidades publicas e privadas no desenvolvemento e apoio o deporte rei.

Entre os galardoados, Jean Marie Okutu, Solange Pereira, como mellores ateltas, Jose Carlos Tuñas e Marcos Otero como mellores destradores, o Comesaña Sporting Club foi distinguido coa medalla de ouro da federacion, así como o recoñecemento a título póstumo de Jose María Pardo Montero, o que fora Presidente de Caixa Rural Galega, pola súa contribución e apoio o Lucus Caixa Rural,un emotivo discurso de Manuel Valledor, Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Mari Luz Fernández placa Ramón Docal. en clubes o New Balance, Riazor Coruña e Vila de Cangas, Sociedad Ginmástica de Pontevedra tamén foron recoñecidos, así como as seleccions galegas de marcha, campo a través, e o relevo de 4×400,houbo tamén recoñecemento para as entidades, as deputacións foron premiadas polo apoio e compromiso do noso deporte, así como Televisión de Galicia, Gonzacar e Joyeria Camilo, os concellos premiados foron o Concello de A Coruña e o de Esgos pola organización dos Campionatos de España de Marcha e de Montaña respectivamente.

Finalizado o acto solemne, os asistentes e premiados departiron entre pinchos e photocall, nun ambiente distentido.

Compartir: