Este ano o concello agarda superar os 600 participantes entre tódalas categorías. A Concellaría de Deportes de Padrón organiza o sábado 26 de marzo a partir das 10:45 horas, a XXXVII edición da súa Carreira Popular de Pascua, que contará nesta ocasión cun participante de luxo, o atleta Reyes Estévez, que estará ademais na entrega de trofeos. O prazo para inscribirse na proba remata o día 23 de marzo ás as 23:59 horas no caso das persoas adultas e ás 22h no caso das probas escolares (xuvenís incluídos) e debe facerse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com A inscrición será de balde para as categorías comprendidas entre Pitufos e Xuvenil. As categorías de adultos (de Junior/promesa a veteráns) deberán pagar 6€. A preinscrición non se fará ata estar o pagamento abonado no momento de inscribirse na web. Non se aceptarán tampouco inscricións fóra do prazo establecido ou con datos incompletos.Poderán participar atletas federados e non federados, habendo unha soa clasificación conxunta. As probas estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).