Este xoves 11 de febreiro, ás 19:30 h, celébrase en Santiago de Compostela a I Xuntanza de
adestradores e deportistas de Galicia que reunirá a nomes tan coñecidos como Pedro Nimo, José Rioseco, Juan Carlos Brion ou Gustavo e Rubén Rodríguez. Todos eles participarán na cita que terá lugar
na sede de 3&Run, situada na rúa do Restollal, e que servirá para presentar unha nova aplicación de xestión de adestramentos online que xa manexan estes reputados e premiados deportistas:
Train2Go.com.
Este xoves 11 de febreiro, ás 19:30 h, celébrase en Santiago de Compostela a I Xuntanza de adestradores e deportistas de Galicia que reunirá a nomes tan coñecidos como Pedro Nimo, José Rioseco,
Juan Carlos Brion ou Gustavo e Rubén Rodríguez. Todos eles participarán na cita que terá lugar na sede de 3&Run, situada na rúa do Restollal, e que servirá para presentar unha nova aplicación
de xestión de adestramentos online que xa manexan estes reputados e premiados deportistas: Train2Go.com.
A ferramenta foi desenvolvida por tres novos emprendedores intimamente ligados ao mundo do deporte como son o triatleta Antón Ruanova, Luís Fraga e David Igrexas, o que lle confire un plus de funcionalidade, posto que envorcaron neste traballo todo aquilo que eles mesmos e os seus compañeiros botaban en falta á hora de planificar e xestionar adestramentos deportivos.
Quen a está xa utilizando aseguran que aforra ?moito tempo e esforzo?, tanto aos adestradores como aos propios deportistas, grazas a unha interface moi intuitiva, sinxela e cómoda que permite controlar o traballo diario dun modo moi fácil, ademais de facilitar a comunicación entre o deportista e adestrador.
O equipo de Train2Go.com asegura que ese é o obxectivo da súa aplicación, na que traballaron intensamente durante meses, para ?axudar a adestradores ?profesionais ou non? a conseguir os seus obxectivos, ben sexa gañar máis diñeiro ou conseguir máis tempo libre para eles mesmos?, e á súa vez ?diferenciarse da competencia feroz do sector achegando valor aos seus deportistas mediante a nosa ferramenta?.
Unha ferramenta que xa usan deportistas de renome internacional como o maratoniano compostelán Pedro Nimo, o triatleta Gustavo Rodríguez ou José Rioseco, adestrador de campións do mundo como Gómez Noya e Iván Raña. Todos eles e moitos outros nomes coñecidos do deporte galego que xa utilizan Train2Go.com estarán nesta primeira Xuntanza de adestradores e deportistas de Galicia que servirá, ademais, para poñer en común experiencias e avanzar en todo o relacionado co mundo do deporte que tantas satisfaccións está a dar á nosa comunidade nas máis diversas disciplinas.