O Campionato de Galicia de 60m e 60 valados disputouse no día de onte no módulo do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo.
No 60ml masculino contou con dúas finais A e B, na primeira final o gañador foi Javier Cancela seguido de Mauro Triana e Javier García, na final B o gañador foi Sergio Rodríguez, acabando o segundo posto Ignacio Rivas e o terceiro para Enrique Prego .O 60ml feminino contou tamén con dúas finais, na A a vencedora foi Lidia Casal, seguida de Eugenia Gil e Alba Villaverde, na final B Sara Gómez impuxose a Adiaratou Camara e Marta Gómez, segunda e terceira respectivamente. Nos 60 valados femininos a gañadora foi Emma Valencia quen estivo acompañada no pódium por Estela Fernández e Paula Martínez. Na final masculina o primeiro en cruzala liña de meta foi Miguel Pérez seguido de Jose Ignacio Tomas e Iago Nuñez