Está mañá con motivo do acto da presentación da VIII Medio Maratón Coruña C21, proba do calendario nacional que terá lugar o vindeiro domingo día 7, cun percorrido de 21.097 metros. A cita tivo lugar no Pazo Consistorial de María Pita e foi presidida polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Sande e a concelleira de Igualdade Rocío Fraga, pola banda da Federación o Presidente, Isidoro Hornillos e a Directora Técnica Madó González, como representantes dos patrocinadores acudiron, Pati Blanco por El Corte Inglés, María Sande por Coca-Cola, José Antonio Bazán por CaixaBank .
Ambos organizadores da proba, Federación Galega de Atletismo, como o Concello tomaron a palabra ,por unha banda o Concelleiro de Deportes sinalou a boa relación que existe entre o Concello e a FGA, así como a carreira de cadeiras , proba pola integración desenrolada pola Fundación Proyecto Enki que se disputará o vindeiro 7 de Febreiro , no circuito da C21. Así mesmo Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo, propulsor e organizador da proba, resaltou a oferta deportiva da cidade de A Coruña , a beleza do percorrido elexido para o desenrolo da mesma, así como agradeceu a colaboración dos patrocinadores, e para rematar indicou que o vindeiro 6 de Febreiro nas instalacións de El Corte Inglés,Marineda levarase a cabo polo Centro Podológico Gallego, estudios biomecánicos a aqueles participantes que o desexen.