Francisco José Durán Acuña, marchador pontevedrés adestrado por Jose A. Pardal, viaxou a terras murcianas como complemento para a preparación do seu debut nos 50 km Marcha, o cal terá lugar o 28 de Febreiro no Campionato de España en ruta de Motril. O atleta do Fent Cami Mislata estará concentrado en Cieza desde o 26 de Xaneiro ata o día 5 de Febreiro, compartindo adestramentos co actual campión de mundo Miguel A. López e marchadores de gran nivel como Benjamin Sánchez, Corchete ou Iván pajuelo, entre outros, baixo as ordes do técnico Carrillo.