Paula Mayobre acadou a mínima para o Campionato de Europa de Amsterdam e o Mundial de Cardiff de media maratón

A atleta galega Paula Mayobre logrou este domingo a marca mínima (establecida en 1 hora e 14 minutos) para o Campionato de Europa de Amsterdam e o Campionato do Mundo de media maratón de Cardiff.
Paula Mayobre concluíu a proba, disputada na portuguesa Viana do Castelo, cun gran crono de 1:13:33, o que lle dá o pasaporte para disputar o Campionato de Europa de Amsterdam na proba de media maratón (que se disputa por primeira en substitución do maratón, pola proximidade dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro, onde volverá ser o maratón a proba estrela do fondo), e tamén o Mundial de media maratón que se celebra o 26 de marzo na cidade galesa de Cardiff. Con iso convértese na primeira española con mínima nesta nova proba no que se refire á súa inclusión no programa dun campionato de Europa ao aire libre. Por suposto, tamén é a líder nacional do ano.

Compartir: