Os atletas galegos con opcións de participar no Campeonato do Mundo que se celebrará entre os días 22 e 30 de agosto en Beijing apuran as últimas competicións na procura das mínimas. Así, Jean Marie Okutu participará no I Meeting Ciudad de Pamplona- Memorial José Luis Hernández o 5 de agosto e o sábado no Control da RFEA de Velocidad, Vallas e Saltos en Monachil, control no que tamén estará presente Ana Peleteiro no triple salto. Outra das atletas que buscan millorar os seu rexistro será Solange Pereira quen participará o vindeiro domingo no Memorial Janusza Kusocinskiego en Szczein (Polonia) na proba de 1500.
Fotos: The Wang Connection