O XL Campionato de España de Federacións Autonómicas disputouse no Complexo Deportivo de Las Mestas en Gijón onde a Selección Galega a pesar dalgunhas ausencias destacadas por lesión como Ana Peleteiro ou Denis Galán obtivo un quinto posto, repetindo o posto logrado en Alcorcón a tempada pasada. Unha selección compensada con atletas experimentados Frank Casañas, Isaac Vicente, Solange Pereira, Lidia Parada ou Belén Toimil acompañados polos nosos atletas máis novos de nivel internacional como Adrián Ben ou Tariku Novales, e outros atletas importantes como José Alfonso Palomanes ou Mauro Triana completaban unha boa selección que aspiraba ao podio. A actuación en lineas xenerais dos nosos atletas foi boa, logrando a vitoria Solange Pereira nos 1500 con 4.19.13, Frank Casañas no disco con 58.09, Jean Marie Okutu en lonxitude con 7.76, Borja Barbeito a un gran nivel con 72.74 e Lidia Parada 54.08. Destacar as actuacións de Mauro Triana segundo nos 200 metros con 21.42 novo record galego promesa o que demostra que chegará a Castelló ao Campionato de España promesa nun estado de forma excepcional, segundo posto tamén para José Alfonso Palomanes no triplo con 15.62, Belén Toimil segunda no peso con 15.13, Iria Forján na lonxitude segundo posto con 5.98 igualando a su mellor marca e terceiro posto de Isaac Vicente en martelo con 67.11. Destacar tamén o rendemento de atletas que melloraron as súas marcas da tempada como é o caso de Teresa Rodríguez nos 100 valos con 14.48, Tariku Novales nos 3000 metros con 8.29.75, Eugenia Gil nos 100 metros con 12.49, Carlos Moro mellorando en cada carreira nos 400 valos con 52.97, Mar Chillón 23.31.62 nos 5 km marcha, Manuel Hurtado nos 5000 con 14.22.88 e Gonzalo Basconcelos que buscaba baixar a barreira dos 9 minutos nos 3000 obstáculos e o logrou amplamente con 8.54.03. Volveron render a un bo nivel como nos teñen afeitos atletas como Santiago Ferrer na pértega con 4.70, Claudia Rojo no 400 valos con 1.01.71, Candela Díaz 55.89 nos 400 correndo pola rúa 8, Adrian Ben vencendo a súa serie dos 800 metros, Saleta Fernández con 1.73 en salto de altura e Esther Navarrete cun cuarto posto nos 3000 metros con 9.31.20. Destacamos tamén o 4 x 400 feminino con Candela Diaz, Jenny Fernández, Eugenia Gil e Paula Ferreiros que lograban un novo record galego con 3.46.70 e un meritorio terceiro posto ,o anterior record lográrao a selección o ano pasado en Alcorcón.