Mauro Triana estrease coa selección española na Reunión Internacional de Madrid, que celebrase o 11 de xullo. O atleta coruñés adestrado por José Carlos Tuñas, subcampión de España Promesa dos 200 metros, foi convocado polo seleccionador nacional Antonio Sánchez para participar no relevo 4 x 100 con Óscar Husillos, Adrián Pérez e Arian Olmos. Nesta mesma competición estará Denis Galán, tamén do Club Coruña Comarca nos 100 metros, recordman da distancia con 10,54.
Foto Facebook Mauro Triana