O atletismo galego acada 10 medallas no Campeonato de España Junior

Excelentes resultados dos nosos atletas na segunda xornada do Campionato de España Júnior, ás medallas logradas o sábado por Mar Chillón e Martin Liste, sumáronse outras 8 medallas. Nos 800 dous atletas galegos proclamáronse Campións de España Angela González del Comesaña e José González

do Lugo Running, Angela lograba marca persoal cuns sensacionais 2.08.48 mentres que José González vencía con 1.53.66 nunha proba na que lograron entrar na final José María Diaz que foi cuarto e Ero Doce que foi oitavo. Saleta Fernández sumaba un título máis á súa traxectoria vencendo en altura con 1.73. En Decathlon Dario Costas empezou o sábado con bos rexistros en 100, salto de altura e 400 na xornada do domingo continuo competindo a un nivel alto pelexando polo ouro ata a última proba os 1500 que lle darían finalmente o título de Campión de España, Carmela Cardama del Comesaña unha vez máis lograba a medalla de ouro nunha sensacional carreira de 3000 metros con 9.44.52.
Medalla de prata para Claudia Rojo del Ria Ferrol en 400 valos con 1.01.35 e subcampionato tamén en martelo para o atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra Sergio Paredes con 60.34, Eugenia Gil del Marineda Atlético estreábase nun podio nacional con marca persoal e novo record galego júnior 56.25 que lle permitiu colgarse a medalla de bronce. Destacada a actuación tamén do cuarteto do Riazor masculino no 4×100 batendo o record da categoria con 43.07 (o anterior en posesión da SGP dende 2015), de Laura Chapela con marca persoal 25.59 sendo quinta na final, cuarto posto en peso con 15.16 para Pablo Castro del Vila de Cangas ao igual que Jorge Puig da SGP nos 1500 nunha carreira táctica na que Ivo Maseda do Lugo Running foi oitavo e Adrián Lago del Comesaña noveno, sétimo en 110 valos Iago Nuñez del Lucus correndo en semifinais en 14.99 e na final en 15.16 e oitavo posto de Daniel Chamosa del Comesaña nos 10000 marcha con 46.18.65 Actuaccion Galega

Fotos: Facebook Gonzalo Méndez

Compartir: