Finalizado o Campeonato de Clubes 2015, Ría Ferrol en mulleres e Sociedade Gimnástica en mulleres continúan na vindeira tempada en División de Honra. O R.C. Celta volverá à primeira división despois de non poder evitar a última plaza no encontro pola permanencia celebrada en Burgos. Os celestes estarán acompañados unha tempada mais por o C.A. Narón na primeira división. Nas mulleres estarán o Atletismo Femenino Celta e o Lucus Caixa Rural quen venceu o seu encontro en Soria, donde participou tamén a SGP e o Vila de Cangas. O mais destacado dos encontros foi o novo record xuvenil (eléctrico) de Adrían Ben nos 800 con un rexistro de 1.52.88, o anterior era do ano 1991 en posesión do atleta coruñes Leo Piñeiro con 1.52.7. Salientar tamén resultados como os 55.99 de Candela Díaz (Ría Ferrol) nos 400, Jean Marie Okutu (FBC) con un millor salto de 7.90, Alfonso Palomanes no triple con 16.12, os 5.63 e os 7.20 de Tania Valverde (Atletismo Femenino Celta) e David Ferrer (SGP) na lonxitude ou os 22.28 de Dario Costas (SGP) nos 200 entre outros.