Fantástica xornada a vivida nas Pistas da Malata de Ferrol coa celebración do Campionato de Galicia benxamin, alevin e infantil. Salientar o bo ambiente e a gran participación nunha xornada na que os mais pequenos do atletismo foron os verdadeiros protagonistas. A atleta alevin do Ría Ferrol Laura Rico superou o record da categoria en pelota. Outras probas destacadas foron as de altura e triple infantil con bos rexistros e as probas de velocidade nas que as pequenas diferencias entre os primeiros clasificados tiveron que decidirse por escaso marxe.
Descatar tamen a mellor marca galega benjamin de 1000 metros marcha a cargo de Natalia Rivas do Cuntis cunha marca de 5.43.59