Fantástica actuación das atletas galegas no Meeting Iberoamericano de Huelva. Eva Arias volve con forza na proba que tantas exitos acadou, os 3000 obstáculos. A atleta do ADAS, con 10.11.96 rebaixaba en sete segundos o seu propio record do ano 2004. Marcas persoais para Jenny Fernández e Esther Navarrete, ámbalas duas do Atletismo Femenino Celta, con 2.08.11 nos 800 e 16.30.87 nos 5000, respectivamente. Boa actuación tamén de Solange quen foi segunda con 4.14.71 na proba dos 1500.