O Celta Atletismo foi o encargado de organizar a novena edición do Trofeo Alfonso Pousada, celebrando esta vez os
70 anos de dedicación ao atletismo do que aínda é Presidente de Honor da entidade. Nunha tarde propicia, máis de trinta atletas melloraron os seus registros persoais.
A decisión de incluír ademais un control técnico da RFEA de 800m e 1500m fixo que outros atletas de talla internacional achegásense a Balaídos. Foi o caso do 800m masculino, xa que os tres
primeiros colócanse entre os mellores do ránking nacional absoluto. Coa colaboración de Diego Cadrado como ?liebre?, David Bustos debutó esta tempada impoñéndose cun crono de 1, 48,47. Tras el,
buscando a mínima para o europeo sub-23, Álvaro de Arriba, 1,49, 25 e Saúl Martínez, 1, 49, 56.
As outras tres probas do control tiveron o plus de que as excelentes marcas correron a cargo dos atletas de casa. O máis destacado, Adrián Ben (Lucus), que investiu 3, 48,86 para percorrer os
1500m. Mellor marca española do ano, cuarta europea da tempada e récord galego xuvenil (anterior, 3,52, 2 de Roberto Pérez do 85). Seguiulle Miguel González (Lucus) asinando 3, 51, 30. Ambos
revalidaron a mínima para o mundial xuvenil a celebrar en Cali (Colombia) que xa posuían. Tras eles, outros novas promesas da especialidade, Jorge Puig (SGP), Ivo Maseda (Lugo R) e Tariku Novales
(At Noia), todos encarrilados por Víctor Riobó (CAS), que fixo o gasto tirando ao principio. (ir a noticia competa)
Fotos: Flor Currás
O 800m feminino volveu ofrecer espectáculo. Unha vez máis foi Leticia Fernández (Ría) a que se apuntou o triunfo, esta vez en duelo con Jenny Fernández (AF Celta). Os seus tempos de 2,09,09 e
2,09,29 reflícteno, e son ademais mellores marcas persoais. Ángela González (Comesaña SC) foi terceira con 22,10, 89, marca da tempada. Leticia Fernández continuou o seu recital exercendo de liebre
nos 1500m femininos, nos que Esther Navarrete (AF Celta) con 4, 24, 62 e Carmela Cardama (CSC), 4, 25,99 asinaron os seus MMP e mellores puntuaciones por táboa internacional do evento. Sandra
Mosquera (CSC), de volta ao milqui foi terceira con 4, 37, 39.
No salto de lonxitude, 7, 85m para Jean Marie Okutu (FC Barcelona), que lle permiten seguir encabezando o ránking nacional, pero aínda lonxe da mínima mundialista de 8,10m que necesita. Iria Forján
(Barbanza) demostrou que volve, paso a paso, saltando 5,76m. No lanzamento de martillo non houbo sorpresas e Isaac Vicente (AD Marathón) impúxose con 66, 17 metros.
O sector de velocidade segue dando alegrías. Tres foron os atletas que baixaron de 11s no hectómetro. Denís Galán (CoCo), 10, 73; Javier Cancela (Narón), 10, 77, e Adrián Pérez (Tenerife), 10,79.