Resultados

Lolo Penas e Rosario Figueroa campeóns de Galicia de Maratón

Lolo Penas e Rosario Figueroa campeóns de Galicia de Maratón. O campeonato disputado paralelamente ca proba popular Coruña42 bateu un ano mais o record de participación con mais de 1000 corredores na liña de meta. Lolo Penas (New Balance) foi o primeiro en cruzar a liña de meta con un tempo de 2.19.39 seguido de Félix Pont e o keniata Dickson Kimeli mentres que o podium do campionato foi completado polo veterán Ramón Serantes (Marineda Atlético) e Miguel Mayán (Porto do Son). Nas mulleres detrás de Rosario Figueroa con 3.05.39 (Run Galicia) entraron María Cabadas e Begoña Bengasi con segunda e terceira posición no campeonato de Galicia para Pilar Caínzos (Club Atletismo Sada) e Susana Rial (Club Atletismo Boimorto). Por clubes Campeonato para os locais do Marineda Atlético en homes e Club Atletismo Sada para as mulleres.

MG (Foto Rosario Figueroa- Rungalicia)

Compartir: