Resultados

Raúl Fernández e Paula Mayobre vencedores na IV Carreira da Torre de Hércules

Celebrouse a IV edición de Carreira da Torre de Hercules- Trofeo José Antonio Varela Calviño, pertencente o Circuito Coruña Corre, esta proba era a terceira despois da dos Rosales e a de Mesoiro. Estivo organizada polo Concello, o club Coruña Comarca e a asociación de Veciños de Monte Alto e como xa ven sendo habitual cun gran éxito organizativo e de participación. Sobre as cinco da tarde as inmediacións de este paraxe incomparable, ca Torre de Hercules como testemuña, foise enchendo de nenos, nenas e familiares para disputar as diferentes carreiras de categorías inferiores, dende as xuveniles e cadetes, as primeiras en sair a escea, ata as mais de dez carreiras de pitufos, que como sempre foron a ledicia dos presentes.
Uns minutos antes das oito da tarde deuse a saida a carreira absoluta, a vistosidade da proba non só se viu realzada pola iluminación nocturna da contorna, senón polo propio trazado, en boa parte polo Paseo Marítimo, ata as Ánimas no Castelo de San Antón e, de regreso pola mesma ruta ata a base da Torre de Hércules, rampla de acceso incluída. Raúl Fernández e Paula Mayobre foron os gañadores absolutos dunha carreira multitudinaria onde case dous mil cincocentos atletas da saída na chaira da Torre cara a unha meta situada 6.590 metros máis aló, ao pé do faro romano.

(Foto: El Ideal Gallego)

Ao final, Raúl Fernández impúxose cun tempo de 22:08 a Ramón Serantes (que defendía o título, pero chegou a vinte e dous segundos) e a Abdelkader Bougerroudj (a dous minutos). A aresana, Paula Mayobre, volveu a gañar por segundo ano consecutivo, e estivo acompañada no podio por Barca Toba (que chegou a un minuto e vinte e dous segundos) e Vanessa Lafuente (que fixo un minuto e trinta e tres segundos máis).
A seguinte proba de este circuito será no mes de Xuño ca Baixada de san Pedro

Compartir: