Resultados

Campeoanto de Europa de Veteranos: Gran actuación galega

Na localidade polaca de Torun, celebrouse o campionato de Europa en pista cuberta de veteranos, onde se deron cita un total de seis atletas galegos onde lograron un total de tres medallas de ouro.
O primeiro ouro foi para a atleta ourensana Emilia Mesa Soriano (Ourense Atletismo) en Lanzamento de Xavelina cun tiro de 31,95 m. e o día anterior fora cuarta co Peso de 3 Kg lanzándoo ata os 10,46 m.
A nosa flamante plusmarquista europea W60 dos 60 m. valos, María Jesús Sanguos Espiña, cuxa plusmarca é 10 .36, lograba hoxe gañar o campionato de Europa con 10.42 facendo mellor marca de campionato.
Das outras tres atletas do Comesaña Sporting Club participantes en Torun, lograba outro ouro, neste caso colectivo, Elisabeth Oya Steinbruggen ao formar parte do equipo de España campión de relevos 4 x 200 en W40. Eli antes fora sexta na final dos 60 m. valos con 11.35 e dous días antes cuarta na súa semifinal de 200 con 30.40 quedando fóra da final.
Flora Joséfa Guzmán Davila en 60 era segunda na súa semifinal en 9.92 (mellor marca galega w 65) e sétima na final con 10.19, mentres que en 200 foi cuarta na semifinal con 36.36 e tamén foi compoñente do equipo de España que eran sextas no relevo W60 de 4 x 200.
Por último, en W50 Ana María Santos Solla na proba dos 60 valos era sexta no seu final con 13.01.
Francisco Besteiro do CA Santiago, tomou parte na proba de 60 na categoría M40 con 9,71, en oitava posición en eliminatorias

Compartir: