As condicións climatolóxicas xunto ca dureza do circuito do IV Cross Parque dos Menhires, organizado polos clubs Riazor Coruña e Marineda Atlético, permitiu ver imáxenes dos verdadeiros cross. Os dous grandes favoritos, Iria Fernández do Comesaña e Sergio Piñón do C. Atletismo Narón, cumpliron coas expectativas proclamándose vencedores absolutos nunha xornada que daba inicio ás 10:30 da mañá coas probas de escolares correspondentes a segunda xornada de campo a través Xogade con gran participación dos clubes e colexios da zona da Coruña.