Resultados

A Xunta de Galicia investirá medio millón de euros na reforma das pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra

Na tarde de onte celebrouse o acto da presentación da reforma integral das pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Estiveron presentes no mesmo, entre outras autoridades, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, o Secretario Xeral para ou Deporte, José Ramon Lete, o presidente da FGA Isidoro Hornillos, a Directora do CGTD Elena Fernández e a Deputada Provincial Begoña Estévez.
. Así como o alcalde de Pontevedra, D. Miguel Anxo Fernández Lorez. O investimento que realizará o goberno galego será de medio millón de euros. Esta actuación estará dividida en dúas fases, que permitirá a sustitución do pavimento actual por un similar que corrixa as deficiencias existentes, que mellore o acondicionamiento global e que preveña as lesións dos deportistas. O Presidente da Xunta recoñeceu que este centro, que cumpre agora 27 anos de funcionamento, «é de onde saíron os principais deportistas pontevedreses e galegos» e calificouno como «o motor do olimpismo galego».
Por iso xa licitouse a primeira das fases dos traballos, por valor de 70.000 euros, que se empezará a executar en canto permítan as condicións meteorolóxicas, pero que se espera que estea rematada antes de final de ano. Estes traballos, que serán inminentes, favorecerán a todos aqueles deportistas de disciplinas como lanzamento da xavalina, de peso, disco e martelo, así como aos de salto de lonxitude e de altura.
A segunda fase, dotada con 435.000 euros, se licitará na próxima primavera e actuará na totalidade do anel da pista de atletismo, incluíndo o acceso a ría. Estímase que os traballos duren tres meses e que poderían coincidir cos meses de verán. Feijoo despediuse dos deportistas e directivos presentes no acto aseverando que con este proxecto «estamos a cumprir unha vella aspiración» e sinalando que o deporte de base tamén se verá beneficiado con estas melloras
COMPROMISO DO PRESIDENTE COA REFORMA DE BALAÍDOS. No mesmo acto o presidente da Xunta comprometeuse publicamente a facer o investimento anunciado días antes polo Secretario Xeral para o Deporte de 2.000.000 de euros para a reforma do estadio de Balaídos e do módulo cuberto situado baixo as bancadas do campo de fútbol.

Compartir: