Onte tivo lugar no Centro Cultural Ágora a Gala de premiación do Circuito Corre Coruña. Ao acto asistiron destacadas personalidades do ámbito político, entre eles o alcalde da Coruña, D. Carlos Negreira e a Diputada de Deportes da Diputación da Coruña, Dª. Mariel Padín. O evento contou cunha gran afluencia de público que encheron o aforo disponible. Houbo premiacións para familias, para os máis cativos, para as distintas categorías do circuito e tamén para as persoas con discapacidade que participaron. O Circuito incrementou en máis dun 100% o número de participantes con respecto á anterior edición, o Concelleiro de Deportes, D. Francisco Mourelo, destacou que A Coruña seguirá sendo un referente no atletismo galego e convidou a todos a participar na vindeira Carreira A Coruña 10, que contará con miles de participantes polas rúas da cidade herculina.