Intenso fin de semana para os lanzadores ibéricos que tomaron parte no Torneio
Internacional de Lançamentos de Leiria, onde se deron cita moitos dos atletas máis destacados do panorama internacional, como último ensaio antes do europeo de Zürich ou última oportunidade de
conseguir a mínima para acudir.
En xornadas de sábado e domingo e repetindo actuación, o torneo deixou marcas destacadas dentro do ránking da tempada, como o duelo entre Frank Casañas e Mario Pestano, que lanzaron o disco de 2kg
a máis de 65m, sendo o triunfo para o canario con 65.74m fronte aos 65.48m de Casañas, seguidos polo holandés Erik Cadeé con 65.24m, marcas da tempada para todos eles que os sitúan como 17º, 18º e
19º do ránking mundial.
A proba de jabalina contou con presenza galega, os dous medallistas do absoluto nacional do pasado fin de semana. Borja Barbeito, lanzou 69.05m e Manuel Uriz, 64.87m, e só competiron o sábado.
Noticia e foto: Flor Currás