Resultados

Campionato Iberoamericano de atletismo: Solange Pereira e Lidia Parada, únicas atletas de Galicia na selección española

Xa en São Paulo, tanto Solange Pereira coma Lidia Parada esperan realizar un bo papel no Campionato Iberoamericano que se disputa do 1 ao 3 de agosto, con temperaturas suaves, case primaverais.
Ambas as dúas competirán o domingo pola tarde. A final de xavelina dará comezo ás 15.00 h, as 20.00 h españolas, mentres que Solange correrá os 1500 m ás 15.30 (20.30).

Compartir: