Resultados

Campeonato de España Absoluto:Gran campeoanto dos atletas galegos con 9 medallas (1 oro, 6 platas,2 bronce)

Ultima Hora: Se esta disputando na localidade madrileña de Alcobendas, o campionato de España Absoluto ao aire libre, cun total de 43 atletas galegos.
Manuel Uriz, logra a primeira medalla da expedición galega, na proba de xavalina cun mellor lanzamento de 69,17, sendo terceiro Borja Barbeito, cuarto Jose M. Vila e séptimo Raimundo Fernandez
Na xornada de tarde, catro novas medallas foron as conseguidas polos nosos atletas, Frank Casañas, fíxose co ouro en disco con 61,15;logrando medallas de prata, Belen Toimil, Lidia Parada, en peso e xavalina respectivamente e Jean Marie Okutu en lonxitude, onde se tivo que esperar ata o último salto para definir o campión, pois Caceres tivo que lograr 8,08 para desbancar a Okutu que ata ese momento estaba en primeira posición con 7,99 metros

Matinal domingo
Soamente celebrouse a final de 10000 metros marcha, coa presenza de Fran Duran, que cruzou a linea de meta en sexta posición cunha marca de 43.12.54.
Mauro Triana, tomou parta nas semifinais, facendo un cuarto posto con 21.81, o que deixa fóra da final ao junior do Coruña Comarca.
Tamén tomou parte da semifinais de 110 valados, Miguel Pérez, non logrando meterse na final ao facer un rexistro de 14.77
Continua en competición Santi Ferrer en decathlon, ocupando a oitava praza, a falta da pertega, xavalina e 1500 .

Xornada Tarde
Unha nova medalla de prata a cargo do vigues do Maratón Isaac Vicente, que lanzou o artefcto a 70,07 metros, o que vén demostrar no bo estado de forma que se atopa neste final de tempada, onde a semana pasada en Portugal lanzou 70,77 mellorando a mellor marca galega Tambien participaron no concurso Pablo Denis con 62,08 sexta posición e Carlos Revuelta con 53,59 ocupo a praza doceava

Nos 400 valados, interviñeron Carlos Moro (7º) con 53.13 e Claudia Rojo (8ª) con 1.01.91. Presenza de Lidia Casal na final de 200 onde logra a septima posición cun rexistro de 25.28, superior ao realizado pola mañá de 24.74 en semifinais realizando a súa MMT

En saltos, Saleta Fernandez, repetiu marca do nacional xuvenil con 1,70 ocupando o posto 10 e Sergio Telleria, en pertega non puido repetir os 5 metros realizados en Vigo saltando 4,75 e decimo lugar

O medio fondo deunos a primeira medalla de carreiras a cargo de Solange Pereira na proba de 1500 con un rexistro de 4.21.29 e moi merecida medalla de prata para Solange que ve primada a súa gran tempada, tambén bo campionato de Leticia Fernandez, terminando na oitava praza con 4.27.76 e cos seus 4.23.84 de semifinais logra MMP

Medalla de bronce a cargo de Mercedes de Santalo en disco cun lanzamento de 50,71 e septima posición para Belen Toimil con 46,44

Desde a FGA queremos felicitar a tod@s os atletas que tomaron parte no absoluto polo gran campionato realizado, felicitación que facemos extensible a tod@s os clubs, adestradores e atletas das distintas categorias pola gran tempada realizada ! enhorabuena¡
ResultadosActuaccion Galega

Compartir: