A triplista galega Ana Peleteiro, que defendía o título no Campionato do Mundo
Júnior de Eugene, clasificouse en sexta posición nunha final de enorme nivel.
A final de triplo feminino resultou de enorme nivel de marcas a tenor ao visto na madrugada do sábado a domingo na quinta xornada deste 15º Mundial, coa galega Ana Peleteiro, que fose campioa do
mundo júnior fai dous anos en Barcelona e que nesta ocasión, ha ter que conformarse cunha sexta praza e mellor salto de 13.71m ( 3,2). A pupila de Juan Carlos Álvarez non puido superar a barreira
dos 14 metros en ningún dos seus saltos, que lle achegaron e ata metido na loita pola medallas, onde a francesa Riuguy Diallo realizou unha extraordinaria competición para lograr o título con
14.44m, seguida da cubana Liadagmis Povea (14.07m) e a chinesa Xiaohong Li (14.03m