Resultados

Amplia representación galega no 95º Campeonato de España Absoluto

Un total de 43 atletas compoñen a representación galega na edición número 95 do Campionato de España Absoluto que se disputará por segundo ano consecutivo na localidade madrileña de Alcobendas. Nas mulleres será a proba de marcha a que conta con un maior número de atletas galegas xa que estarán na liña de saída Eva Mª Iglesias (SGP), Mar Chillón (Vila de Cangas), Lorena Luaces (At. San Sebastián) e Samantha Mulloni (RIA). Lidia Casal (RIA) estará nos 100, Begoña Garrido (Valencia Terra i Mar), Candela Rivas (RIA) e Paula Iglesias (Riazor) nos 400 (tamén inscrita nos 400valados), Jenny Fernández (Atlética Val Miñor) nos 800, Solange Pereira (Bikila) unha das grandes favoritas a loitar polo título xunto con Leticia Fernández (RIA) nos 1500, Esther Navarrete (Atletismo Femenino Celta) nos 5000, Teresa Rodríguez (Valladolid) e Enma Valencia (Atletismo Femenino Celta) nos 100valados, Claudia Rojo (RIA) nos 400valados, Saleta Fernández (RIA) na altura, Beatriz Viteri (Atletismo Femenino Celta) na pértega e Leticia Gil (ADAS) na lonxitude e as lanzadoras Belén Toimil (Playas de Castellón) no peso e disco, Mercedes de Santaló (Playas de Castellón) no disco e Lidia Parada (Barbanza) na xavalina completan a representación femenina. Nos homes é a xavalina a que conta con unha maior participación galega, un total de 4, encabezada polo favorito ó título Borja Barbeito (Playas de Castellón) acompañado por José Manuel Vila (Playas de Castellón), Manuel Uriz (Huracán Fent Cami) e Raimundo Fernández (UBU-Caja de Burgos). As outras opcións de título pasan por Frank Casañas (Playas de Castellón) en disco donde tamén estará Victor Gallego (SGP). No martelo opción tamén para Isaac Vicente (A.D. Maratón), nun gran estado de forma despois de bater tan só hai uns día o seu propio record, o seu compañeiro de club Pablo Denis e Carlos Revuelta (Huracán Fent Camí). Polas medallas tamén estará loitando Jean Marie Okutu (Barcelona) na lonxitude. Estarán tamén os velocistas do Coruña Comarca Denis Galán nos 100, Mauro Triana e Sergio Rodríguez nos 200 así como Carlos Porto (R.C. Celta) nos 1500, Alejandro Fernández (New Balance) nos 5000, medallista na pasado edición, Miguel Pérez (Lucus) nos 110, Carlos Moro (Riazor) nos 400 valados, Gonzalo Basconcelos (R.C. Celta) nos obstáculos, Alfonso Palomanes (Barcelona) no triple, Sergio Telleria (R.C. Celta) na pértega,Fran Durán (Simply-Scorpio) na marcha e Santi Ferrer (SGP) no decatlón. Moita sorte a tod@s.

Compartir: