Ana Peleteiro fará o seu debut hoxe ás 21.05 no 15ºCampeonato do Mundo Junior. A atleta galega, actual campeona do mundo da categoría, é a única das participantes que superou este ano os 14m no triple salto convertíndose así nunha das favoritas a loitar polas medallas.