Resultados

Isaac Vicente, novo récord galego de martillo. Frank Casañas, mellor marca española do ano en disco.

Vila Nova de Cerveira pechou as súas Xornadas de lanzamentos con marcas reseñables. Na 7ª e última, cunha participación máis seleccionada, conseguíronse registros de nivel europeo, como antesala aos nacionais tanto españois como lusos do próximo fin de semana.
O discóbolo Frank Casañas superou o seu lanzamento do pasado sábado no Trofeo Cidade de Vigo, e con 65.06m, mellora nuevamente a marca con que lidera o ránking de España. No marco europeo, ocupa o décimotercer posto. Tamén Víctor Galego (SGP) con 55.92m, referenda o bo estado de forma que o mantén entre os primeiros españois.
Pola súa banda, Isaac Vicente (A.D. Marathon) volveu asinar eses 70 metros que se lle resistían. Nun concurso moi regular, con intentos de 69 e 70m, superou a súa propia marca de 70.41m feita en Málaga en 2011, cando se proclamou campión de España, lanzando o martillo de 7.260m a 70.77m. O domingo pelexará polas medallas en Alcobendas. O seu compañeiro, Pablo Denis, realizou marca da tempada con 64.33m, que animan a pensar en posto de finalista no nacional.
Outra nova promesa, o atleta junior Martín Liste (A Silva), flamante subcampeón de España da modalidade, conseguiu mellorar en máis de dous metros a súa marca persoal, lanzando a 52.52m o disco de 1.750kg.

Compartir: