Resultados

Mauro Triana novo record galego junior nos 200 (21.54) no XVII Trofeo Internacional Ciudad de Salamanca

A antesala do Campionato Galego Absoluto non pudo ser mais fructífera para os atletas galegos que se desplazaron a Salamanca. No XVII Tofeo Internacional Ciudad de Salamanca Memorial “Carlos Gil Pérez” o velocista do Coruña Comarca Mauro Triana volveu a superar o seu record galego junior de 200m en poucos días. Esta vez parou o crono nuns sensacionais 21.54, moi perto xa do record absoluto en poder de Isidoro Hornillos. Salientar tamén a Ana Peleteiro que parece que xa está acadando a forma que lle levou a ser a campeona do mundo en categoría junior superando unha vez mais os 14m no triple, o igual que o marinense Jean Marie Okutu que con 7.92 volve a estar nos seus millores rexistros e moi perto da mínima para o europeo. Destacar tamén a Denis Galán con15.21 (ventosos) nos 110valados e Sergio Rodriguez Teixeira 21.95 nos 200 (MMT). No X Meeting Iberoamericano de Atletismo de Huelva o mais destacado foi os 54.66 de Begoña Garrido nos 400m que demostran a sua recuperación. Mágoa a retirada de Solange Pereira nos 1500.

Foto: J.Carlos Tuñas

Compartir: