Sociedade Gimnástica de Pontevedra en homes e Ría Ferrol en mulleres finalizaron terceiros nos seus encontros de División de Honra do Campionato de España de Clubes. O mais destacado estivo na millor marca galega xuvenil de Claudia Rojo, una vez mais, nos 400m valados deixando o novo rexistro en 1.00.63 e a victoria de Lidia Parada na xavalina con un mellor lanzamento de 53.51. Xa na primeira división o Atletismo Femenino Celta foi segundo con doble victoria de Lucía Pérez no triple (12.06) e altura (1.55), Beatriz Viteri na pértega con 3.60, Esther Navarrete nos 1500 (4.40.11) e o relevo 4×400. Segundos foron tamén os homes do R.C. Celta con sete victorias: Carlos Porto nos 1500, Gonzalo Basconcelos nos 3000 obstáculos, Sergio Tellería na pértega, Pablo Brieva no triple, Ignacio Fernández no martelo, Fernando Paredes no peso e o relevo 4×100. Victoria importantísima para os representantes do Afflelou Narón con un gran protagonista, o velocista Mauro Triana quen gañou os 100 e 200 con millor marca persoal nos 100 (10.80) e 200 (21.71, nova millor marca galega junior). Destacar tamén a participación de outros galegos que participan con clubes fora de Galicia como Ana Peleteiro, Jean Marie Okutu e Alfonso Palomanes, os tres gañando as suas probas para o Barcelona.
Finalmente, na segunda división o Lucus Caixa Rural foi segundo mentres que o Vila de Cangas foi terceiro a tan só punto e medio da segunda posición